O Círculo Recreativo Cultural celebrou a súa Asamblea xeral anual

O pasado 25 de febreiro, tivo lugar no Círculo Recreativo Cultural, a súa Asamblea Xeral Ordinaria. O acto, ao que asistiron preto dun cento de socios e socias, celebrouse en primeira convcatoria, ás 11.30h e, en segunda convocatoria, ás 12.00h. A asamblea desenrolou os puntos que figuraban na Orde do Día: Lectura da acta anterior. Memoria presentada pola Xunta Directiva. Contas Exercicio 2023. Orzamento Exercicio 2024. Actividades 2024. Propostas dos señores/as socios/as. (ART.47). Propostas da Xunta Directiva. Viabilidade da reparación pista...

O CRC entrega os seus Premios anuais nunha gala moi emotiva

Aínda temos a pel de galiña polo que vivimos na celebración de Premios Círculo´23. Foi unha noite de emocións intensas e sorpresas. A nosa agarimosa noraboa aos premiados e a nosa gratitude a todas as socias e socios que nos acompañáchedes. Grazas tamén a actriz Mariana Carballal e ao actor Antonio Durán “Morris”, aos músicos Alejo Amoedo e Pancho Álvarez e ao exporteiro do Celta Sergio Álvarez pola vosa complicidade e manter en segredo as sorpresas. Enorme gratitude tamén para o fotógrafo...

O Círculo Recreativo Cultural adica as súas rúas a ilustres porriñesas

O Círculo Recreativo Cultural adica as súas rúas a ilustres porriñesas

Co motivo do 8M o CRC pon en marcha a ruta "COÑÉCEAS", que pon nome de Porriñesas ilustres ás rúas do CRC . Nunha tarde de festa, emoción e, sobre todo, reivindicación, decenas de veciños non quixeron deixar pasar a oportunidade de inaugurar esta visita guiada ás instalacións do CRC do Porriño. Oito son as rúas do inmoble que agora homenaxean ás mulleres locais de diferentes ámbitos. Eles son: Corona González Santos, filántropa. Maruja Freiría, fundadora de ACEESCA. Dona Veli, a...