Volver a Actualidade
O Círculo Recreativo Cultural adica as súas rúas a ilustres porriñesas

O Círculo Recreativo Cultural adica as súas rúas a ilustres porriñesas

Ilustres Porriñesas

Co motivo do 8M o CRC pon en marcha a ruta “COÑÉCEAS“, que pon nome de Porriñesas ilustres ás rúas do CRC .

Nunha tarde de festa, emoción e, sobre todo, reivindicación, decenas de veciños non quixeron deixar pasar a oportunidade de inaugurar esta visita guiada ás instalacións do CRC do Porriño. Oito son as rúas do inmoble que agora homenaxean ás mulleres locais de diferentes ámbitos. Eles son:

  • Corona González Santos, filántropa.
  • Maruja Freiría, fundadora de ACEESCA.
  • Dona Veli, a primeira alcaldesa do Porriño.
  • Socorro Ocampo, doutora.
  • Dora Carrera, fundadora da asociación Érguete.
  • Pucha Paz, mestra e libreira.
  • Aurea Comesaña, primeira presidenta do CRC.
  • María Rego, futbolista.

Algunhas destas mulleres estiveron presentes na presentación dos carteis cos seus nomes, ao que reaccionaron agradecendo o xesto e reclamando máis liderado feminino nas rúas do Porriño.

Comparte

Volver a Actualidade