As instalacións do CRC

Os Xardíns


O CRC é un pequeno pulmón verde no centro do Porriño. Un lugar onde respirar aire puro e ver florecer os seus camelios ou contemplar piñeiros, cipreses, iucas… Tamén o nenúfar da “Fonte dos nenos”, obra do famoso escultor Camilo Nogueira.

Hall

Hall


Un busto de José Fernández López, outro de Antonio Palacios ou a praca homenaxe de Antonio Paz Valverde reciben ás socias e aos socios na entrada nobre do edificio. Un amplo hall que ademais de actuar de recibidor, alberga moita historia deste centro. Comunica a ala da cafetería e a das salas de lectura, xogos ou biblioteca. É ademáis a antesala do noso salón de actos.

Sala de Lectura


A luz natural é o que predomina nesta estancia onde as e os socios poden atopar as principais cabeceiras de prensa diaria, así como revistas especializadas. Un espazo para a tranquilidade.

A Biblioteca


Cunha gran colección de libros, a nosa biblioteca é tamén un espazo vivo elixido por moitos autores e autoras para presentar as súas novidades. Un lugar dedicado ás letras e tamén ás historias que hai tras elas. Un espazo no que estiveron Álvaro Cunqueiro, Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro ou Torrente Ballester ao longo da súa historia e que sigue recibindo ás  principais figuras da nosa literatura.

Salón de Actos

Salón de Actos


Con madeiras nobres e un gran escenario central, o salón de actos do CRC é sede da cultura, con representacións teatrais, concertos, tertulias ou exposicións de diversa índole. Ao longo da súa historia ten acollido a grandes compañías e momentos inesquecibles, xa que as e os socios poden alugalo para as súas celebracións. Ten vivido vodas e aniversários. Nel, cada ano, entréganse os Premios Círculo, os galardóns que condecoran a traxectoria de persoas ou institucións destacadas en diversos ámbitos.

Sala de Xogos


O CRC é un lugar pensado para o ocio, e esta sala ten oferta lúdica para todas as idades: futbolíns, mesas de billar ou de tenis de mesa, cunha gran afición no centro que dispón dun equipo propio que participa en diferentes competicións a nivel estatal con grandes éxitos ata o momento.

Sala Moza

Sala Moza


Este é un dos últimos espazos que se crearon no CRC, na primavera do 2023, pensado para que as e os adolescentes teñan unha zona para si. A sala está equipada con Smart TV, wifi, xogos ou revistas para elas e eles.

Sala de Cumpreanos

Sala de Cumpreanos


Na parte baixa do edificio, conectando co xardín e unha sala de xogos infantil, o CRC dispón dun espazo para a celebración de cumpreanos infantís. Alúgase soamente a soci@s.

Cafetería


Aberta todo o ano, a cafetería do CRC é un lugar de encontro para as amizades, unha zona de espera para nais e pais cando a rapazada está nas diferentes actividades que realiza o centro, ou simplemente un lugar acolledor onde tomarse un refrixerio ou algo quente.

O Tranvía

O Tranvía


O Tranvía é un apéndice da cafetería, un amplo espazo multidisciplinar, onde poderás xogar unha partida de cartas ou ver os partidos de Liga nunha televisión tamaño XL mentras tomas unha cervexa ou un refresco.

A Terraza


Tamén con servicio de cafetería, é un amplo espazo á sombra de castaños de indias e chopos brancos para disfrutar do bo tempo. É a súa vez un gran mirador dende o que vixiar as zonas onde xoga no exterior a rapazada, xa que dende ela divísanse as pistas deportivas e o parque infantil.

Parque Infantil


É o principal atractivo para as familias con cativas e cativos. Un espazo seguro, acotado e con chan de goma(caucho) para amortiguar as caídas. Dispón de diferentes elementos de xogos con columpios, tobogáns, unha casiña ou areeiro e un pequeno merendeiro para repoñer forzas.

Pistas Deportivas


Pistas de multideporte equipadas con canastas e porterías. Na conserxería as e os socios poden atopar balóns para o xogo. Neste espazo cada ano o CRC organiza campionatos de baloncesto e fútbol sala.

As Piscinas

As Piscinas


Únicas piscinas ao aire libre no casco urbano, abertas os meses de verán con servicio de socorrismo. Polas mañáns organízanse cursos de natación e acuagym. Un lugar onde nadar, tomar o sol ou gozar da época estival. A grande ten unha lonxitude de 25 x 12’5 metros. A pequena é un espazo seguro para que a cativada comence a nadar.