Volver a Actualidade

O Círculo Recreativo Cultural celebrou a súa Asamblea xeral anual

O pasado 25 de febreiro, tivo lugar no Círculo Recreativo Cultural, a súa Asamblea Xeral Ordinaria. O acto, ao que asistiron preto dun cento de socios e socias, celebrouse en primeira convcatoria, ás 11.30h e, en segunda convocatoria, ás 12.00h.

A asamblea desenrolou os puntos que figuraban na Orde do Día:

  1. Lectura da acta anterior.
  2. Memoria presentada pola Xunta Directiva.
  3. Contas Exercicio 2023.
  4. Orzamento Exercicio 2024.
  5. Actividades 2024.
  6. Propostas dos señores/as socios/as. (ART.47).
  7. Propostas da Xunta Directiva.
  8. Viabilidade da reparación pista exterior. Estudio orzamentos e aprobación, se procede, da derrama necesaria.
  9. Actualización da cota mensual segundo o IPC.
  10. Rogos e preguntas.

O acto iniciouse cunha alocución do presidente da entidade, Abel Gallego, na que agradeceu a labor feita pola anterior xunta directiva. Posteriormente, presentouse unha memoria das obras e actividades culturais realizadas durante o ano 2023.

A continuación, expuxéronse as contas do exercicio, que foron votadas de xeito favorable, case por unanimidade, por parte dos socios e socias da entidade.

Seguidamente, chegouse ao punto 8 da orde do día, o que xeraba maior expectación entre os asociados e asociadas, a reparación da pista exterior e da piscina. Trala presentación dos proxectos, por parte da xunta directiva, explicouse que para levar a cabo estas obras sería preciso facer unha derrama, xa que cos fondos cos que conta a entidade, resultaría inviable. A reacción da masa social foi moi positiva, votando, de novo, case por unamidade, de xeito favorable.

Por último, os socios e socias, colleron a palabra, no turno de rogos e preguntas.

Comparte

Volver a Actualidade