Author - Círculo Recreativo Cultural do Porriño

O Círculo Recreativo Cultural celebrou a súa Asamblea xeral anual

O pasado 25 de febreiro, tivo lugar no Círculo Recreativo Cultural, a súa Asamblea Xeral Ordinaria. O acto, ao que asistiron preto dun cento de socios e socias, celebrouse en primeira convcatoria, ás 11.30h e, en segunda convocatoria, ás 12.00h. A asamblea desenrolou os puntos que figuraban na Orde do Día: Lectura da acta anterior. Memoria presentada pola Xunta Directiva. Contas Exercicio 2023. Orzamento Exercicio 2024. Actividades 2024. Propostas dos señores/as socios/as. (ART.47). Propostas da Xunta Directiva. Viabilidade da reparación pista...

O CRC entrega os seus Premios anuais nunha gala moi emotiva

Aínda temos a pel de galiña polo que vivimos na celebración de Premios Círculo´23. Foi unha noite de emocións intensas e sorpresas. A nosa agarimosa noraboa aos premiados e a nosa gratitude a todas as socias e socios que nos acompañáchedes. Grazas tamén a actriz Mariana Carballal e ao actor Antonio Durán “Morris”, aos músicos Alejo Amoedo e Pancho Álvarez e ao exporteiro do Celta Sergio Álvarez pola vosa complicidade e manter en segredo as sorpresas. Enorme gratitude tamén para o fotógrafo...