Volver a Actualidade

O CRC entrega os seus Premios anuais nunha gala moi emotiva

Rubén Blanco Premio CRC al Deporte

Aínda temos a pel de galiña polo que vivimos na celebración de Premios Círculo´23. Foi unha noite de emocións intensas e sorpresas.

A nosa agarimosa noraboa aos premiados e a nosa gratitude a todas as socias e socios que nos acompañáchedes. Grazas tamén a actriz Mariana Carballal e ao actor Antonio Durán “Morris”, aos músicos Alejo Amoedo e Pancho Álvarez e ao exporteiro do Celta Sergio Álvarez pola vosa complicidade e manter en segredo as sorpresas.

Enorme gratitude tamén para o fotógrafo porriñés Alberto Holly (un fantástico profesional que fai fotos poderosas como estas) pola súa colaboración e a todas as persoas que, sen ter porqué, botáchedes unha man para que todo saíse así de ben. Tamén ao músico de jazz Lapa Monteiro, ao showman Alberto Cunha e a DJ Mess & Less polo espectáculo. Ata tivemos fogos artificiais!

Grazas por estar ao noso carón nunha noite única.

Comparte

Volver a Actualidade