O CRC galardoado co Premio Antonio Palacios na categoría de “Compromiso social”
O Círculo foi galardoado na II edición dos Premios Antonio Palacios que organiza o Concello do Porriño na categoría de “Compromiso social” na gala que tivo lugar o pasado sábado.
O presidente da entidade, Abel Gallego, subliñou que este Premio é para as socias e socios de antes e de agora que, co seu esforzo, contribuíron a manter en pé este lugar emblemático. Tamén para todas e todos os membros das distintas xuntas directivas que, de xeito completamente desinteresado e voluntario, traballaron arreo para que o CRC trascendera dos seus muros.
Pola súa parte, o Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, fixo fincapé no papel fundamental do CRC na vida local e expresou o seu recoñecemento: “Todos no Porriño temos algún recordo ligado ao CRC. É moito máis ca unha entidade cultural: é unha parte da nosa historia e do noso día a día. Levan anos abrindo as portas á veciñanza, creando comunidade e facendo barrio. Este premio é unha maneira de dicirlles gracias, de corazón, polo que representan para todos nós.”
Ademáis a xunta directiva quiso resaltar que o próximo ano, o CRC cumpre 70 anos vida dende a súa fundación, en 1956. Dende aquela, o Círculo non deixou de axudar a crear unha sociedade porriñesa máis dinámica: a súa Coral, o Grupo Micolóxico, os Premios Círculo, a Romaría da Risca, o Entroido, as Mulleres nas Rúas, as Xornadas de Música Galega, o Outono Vivo, teatro, conferencias, música en directo, recuperación histórica, mediciña, natureza, literatura… Ademais, fainos dobre ilusión recibir un premio Palacios a sabendas de que o CRC foi sempre un dos divulgadores pioneiros e protectores da figura do arquitecto.