O CRC recoñece nos seus Premios anuais cinco traxectorias
Catro porriñeses referentes no ámbito da ciencia, a cultura, o deporte e a música, xunto ao Colexio Santo Tomás, son as cinco traxectorias homenaxeadas na gala dos Premios CRC que tivo lugar o sábado 5 de xullo.
Foi unha noite de Premios Círculo das máis especiais dos últimos anos. Un salón ateigado de xente arroupou aos premiados Xoana, Juáncho, Teresa, Colexio Santo Tomás e Darío.
A gala emocionante serviu para destacar as súas traxectorias. O concertazo de Acoustic Mode, coa brutal Noemí Sío, e a sesión DJ alongaron a noite máis importante do CRC.
Un millón de grazas a todos e todas os que o fixéstedes posible.