Events

Our Projects

  • 12:00
16 de Setembro de 2023

I Festival Circular. O día grande dos Soci@s

Se nos ocorreu una nova proposta!!! Queriamos que as socias e socios tivérades un día grande. Sabemos o importantes que sodes para que o Círculo continúe en marcha e queriamos agradecérvolo. Para iso, o próximo sábado celebraremos o I Festival Circular. Actividades infantís, concertos en directo, homenaxes, sesión DJ bailonga,... Estaremos un día enteiro no Círculo, xuntos e pásandoo ben.
  • 20:30
15 de Setembro de 2023

Círculo Directo: Concerto de Frans Banfield

Frans Banfield é un músico e compositor nado en Arxentina e que vive en Vigo dende hai 20 anos. Na súa carreira en solitario publicou 4 discos con Warner Music, nos que destaca “El desencuentro” (2017) xunto cos Hijos del Rigor, establecendo un son xenuíno que viaxa dende o Blues, o Rock, o Folclore e mesmo o pop electrónico. Os seus concertos en formato íntimo crean un ambiente de viaxe sen fronteiras, onde as súas coidadas letras, en castelán, xeran unha...
  • 18:30
  • Salón de Actos
9 de Setembro de 2023

Maxia para os peques: Mago Marco

O Mago Marco é un xove ilusionista cunha ampla experiencia no mundo da Animación e do Espectáculo. Nos últimos anos, ten actuado en todo tipo de eventos, agora, chega o CRC para o deleite dos máis peques. O Mago Marco vén cargado de sorpresas para facer do noso salón un lugar máxico. Vide preparad@s para alucinar!
  • 22:30
9 de Setembro de 2023

Gran Bingo

Volvemos a organizar Bingo no CRC para socias e socios. A quen lle tocará?