Sep 15 2023
15 de Setembro de 2023

Círculo Directo: Concerto de Frans Banfield

  • 20:30

Frans Banfield é un músico e compositor nado en Arxentina e que vive en Vigo dende hai 20 anos. Na súa carreira en solitario publicou 4 discos con Warner Music, nos que destaca “El desencuentro” (2017) xunto cos Hijos del Rigor, establecendo un son xenuíno que viaxa dende o Blues, o Rock, o Folclore e mesmo o pop electrónico.

Os seus concertos en formato íntimo crean un ambiente de viaxe sen fronteiras, onde as súas coidadas letras, en castelán, xeran unha conexión sensible co público.