Campionato de Fútbol Sala

CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA 2025


O Campionato e fútbol sala do CRC é un dos eventos deportivos máis esperados do verán no Porriño. Apunta o teu equipo xa!!!

Dende o martes, 25 de xuño, ao xoves, 17 de xullo, ven a disfrutar do mellor deporte as nosas instalacións.

ORGANIZACIÓN DO CAMPIONATO


CATEGORÍAS

  • Prebenxamín: nados entre 2017 e 2020.
  • Benxamín: nados entre 2015 e 2016.
  • Alevín: nados entre 2013 e 2014.
  • Infantil: nados entre 2011 e 2012.
  • Cadete: nados entre 2008 e 2010.
  • Seniors: nados entre 1986 e 2007.
  • Veteranos: nados antes de 1986.

DATAS

Dende o martes, 24 de xuño, ao xoves, 17 de xullo.

*Non haberá partidos os sábados e domingos, salvo que, teñan que disputarse por adiamentos.

**Os días: venres 27 de xuño, xoves 3 de xullo e venres 11 de xullo, non haberá campionato, por compromisos adquiridos da entidade.

INSCRICIÓN

  • Lugar de inscrición: online (os pagos dos non socios faranse en conserxería).
  • Datas de inscrición: desde o martes, 3 de xuño, ao mércores, 18 de xuño.

>>> Ver documento “Forma de Inscrición“.

>>> Descargar documento “Folla de Inscrición“.

REUNIÓN INFORMATIVA

A reunión informativa cos responsables de equipos será o xoves, 19 de xuño, ás 20h na biblioteca do CRC.

REGLAS DO CAMPIONATO

As regras do campionato nas súas diferentes categorías acordaranse na reunión informativa do día 19.06.

DEPORTIVIDADE

A organización gárdase o dereito de expulsar unilateralmente a calqueira equipo que non cumpra cos bos usos de respecto e comportamento deportivo (isto será extensible aos equipos de categorías inferiores cuxos pais e nais poidan causar altercados desde a grada).

*Baixo ningún concepto admitiranse faltas de respecto a árbitros ou rivais.

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN